lunes, 1 de junio de 2009

Normas

PARA OS ALUMNOS

1. Todos os alumnos traerán a axenda escolar, que será a vía de comunicación coas familias e na que os pais xustificarán as faltas de asistencia, retrasos, ausencias ós exames...


2.
Ningún alumno poderá saír do Centro sen unha nota asinada polos pais e co Vº e prace do titor ou titora correspondente.


3. Esixirase a
máxima puntualidade na asistencia ás clases.


4. Fomentarase o esforzo, a convivencia, a gratuidade e o silencio no Centro e entre todos os membros da comunidade educativa.


5.
Non está permitido asomarse ás fiestras nin lanzar calquera tipo de obxecto.


6. O vocabulario empregado por todos será correcto e adecuado.


7. Os alumnos asistirán á clase aseados e correctamente vestidos. Ó mesmo tempo, manterase a aula limpa e ordenada.


8.
Non está permitido fumar no recinto escolar, nin comer pipas ou chicle.


9. Os alumnos asistirán ás clases de Educación Física debidamente uniformados co equipo deportivo modelo do noso Colexio.


10.
Esixirase traer á clase o material necesario de cada asignatura.


11.
Non se permitirá saír da aula ou facer balbordo nos cambios de clase, así como nas subidas e baixadas polas escaleiras.


12.
Non se permite traer á clase mp3, móbiles ou walkman. O Centro non se responsabiliza de posibles subtraccións ou deterioros.


13.
Non está permitido visitar outras clases ou a sá de profesores sen permiso.


14. Consideraranse
faltas graves:
" A
falsificación de firmas
" A
falta de respecto á calquera membro da comunidade educativa
" Abandonar a clase
sen permiso do profesor
"
Causar danos no material ou locais do Centro.
"
A subtracción de pertenzas de calquera membro da comunidade educativa.


15. Para os alumnos de Educación Infantil: nas celebracións de aniversarios non se repartirán paquetes de lambetadas nas clases. Poden traer unha bolsa de caramelos para repartir entre os compañeiros.

Ademais destas normas xerais de convivencia observaranse as normas concretas de cada Ciclo.